martes, 15 de septiembre de 2009

Rematou o verán

Acabouse o verán, e con el van morrer moitas ilusións e moitos negocios, sobre todo de hostelería. Cada vez son mais os anuncios de traspasos e alugeres de bares, restaurantes,cafeterías, taperías,etc.
A crise económica sin dúbida é a gran culpable, afoga como tamén afoga a outros negocios e outros sectores. En Sanxenxo xa hai un tempo que o turismo vai a menos como a menos vai o que se fai para atraer o turismo. Si nos fixamos, os problemas que atopa o turismo son os mesmos dende fai varios anos: atascos, falta de aparcamentos, falta de profesionalidade no sector servicios, e ningunha alternativa cando non hai sol e non se pode disfrutar da praia.
Este ano foi peor si cabe, ningunha oferta cultural nin deportiva nin de ocio salientable, o mesmo de sempre. A unica variante foron as festas gastronómicas de novo cuño, organizadas por clubes deportivos, que ben se podian dedicar a coidar a canteira e facelo ben e non a meterse en terreos que non lle competen e facer unha competencia desleal os hosteleiros.
Poñenlle infraestructuras,publicidade de balde en pleno mes de Agosto, ahí non hai contratos, non hai certificados de manipulador de alimentos, non hai inspeccións de Sanidade nin de traballo, non hai declaración de ingresos nin de gastos, para Facenda non existen xa que son organizadas por supostas entidades sin ánimo de lucro.
Competencia desleal para os negocios das Vilas, pero ninguén protestou, non se alzou ningunha voz, todo está ben.Despois charlase nos negocios e ponse o grito no ceo, pero alí donde hai que decilo,nada de nada.
Os locais pagan luz,auga,recollida de lixo, en estas festas todo vai a conta do concello,que se saiba, a menos que Fenosa,Espina e Urbaser lles facturen os clubes,cousa que dubido, e que se poñan contadores pa controla-lo gasto.
Este tipo de festas estaría ben promocionalas en temporada baixa, pero diga o que se diga desde as administracions, non se fan por interese turístico, fanse simplemente con afán recaudatorio. E de suponer que si as festas tiñeron o éxito do que se alardeou, non teñan ningunha subvención, xa que mais non se lles pode subvencionar, a non ser que se queira cometer un agravio comparativo